Zaira Barreiro / 1º ESO A
----------------------------------
08/12/2014
O noso magosto
Paula Novoa / 1º ESO B
--------------------------------
O pasado día 11 de novembro no CPI Covaterreña celebramos o magosto, unha festa na que xeralmente se comen castañas asadas, pero nós, para darlle máis diversión, tamén fixemos algúns xogos populares e un concurso de doces de outono.
--------------------------------

A festa comezou ás 12.20 da mañá aínda que os que participaron no concurso “Cova Chef” tiveron que baixar antes, a colocar nas mesas do pavillón do cole os biscoitos, tortas, bombóns e demais larpeiradas.
Cada clase tiña asignado un xogo para explicalo aos nenos que querían xogar a el. Había a corda, a pita cega e moitos máis.
O concurso de cociña “Cova Chef” gañouno Judy Rodríguez, unha alumna de 1º A que fixo unha torta de chocolate, kit kat e arandos. Eu non a probei pero se gañou supoño que estaría boa. Había moitas máis sobremesas, tamén cunha pinta boísima como uns bombóns de castañas cubertos de chocolate, ou unha torta de castañas con noces e chocolate.
O que sempre ten que haber nun magosto son as castañas asadas, que non faltaron e se ías ao pavillón xa chas daban.
Eu paseino moi ben no meu primeiro magosto neste colexio, xa que estiven todo o tempo cos meus amigos e a festa durou bastante.
19/11/2014
Enredando en internet
Pablo Pérez / 1º ESO A
-----------------------------
Internet é unha gran rede de información e comunicación. Acostumo empregalo a cotío para buscar información, xogar, ver vídeos en YouTube...
-----------------------------

Antes non había ordenadores, en cambio agora emprégaos case todo o mundo.
Eu vouvos contar algunhas curiosidades de internet. Por exemplo, todas as páxinas comezan por “www” que significa World Wide Web (Rede Informática Mundial) e poden acabar por dominios diferentes como: .com, .es, .org, .net...
Cada país ten un dominio diferente ao que lle corresponde algún significado. Así, .com inicialmente empregábase para calquera empresa ou actividade comercial, .es é para as páxinas españolas, .org resérvase para as organizacións e institucións, .net refírese a calquera páxina relacionada coas tecnoloxías...Tamén hai o dominio .gal para o ámbito da cultura galega.
Non debemos esquecernos da arroba “@” que en informática significa “en”, resultado da tradución do inglés. Sempre está nos enderezos electrónicos para unir o usuario e o servidor que emprega, sendo os máis coñecidos hotmail e gmail.
04/11/2014
Os Premios Nobel
Candela Gil / 1º ESO B
---------------------------

---------------------------

Os Nobel son uns prestixiosos premios que se entregan ás persoas que destacan en diferentes campos como por exemplo a Física, Química, Literatura, Paz ou Medicina.
Hai varias teorías para xustificar que para as Matemáticas non haxa premio, destacando sobre todas a de que non lle gustaban nada a quen os creou, que foi Alfred Nobel.
Este sueco enriqueceuse grazas a que inventou a dinamita pero, vendo o uso que se lle estaba dando ao seu invento, sentiuse culpable e no seu testamento mandou que os beneficios dos seus negocios se adicaran a estes premios. Tamén influíu que lera unha noticia que saíu nun xornal francés que o daba por morto e que dicía que non a súa morte non era unha grande perda xa que só inventara cousas malas.
Os premios Nobel outórganse dende o ano 1901. Aos galardoados danlles un importe de 10 millóns de coroas suecas, ademais dun diploma e unha medalla. Entréganse o día 10 de decembro en Estocolmo, menos o de Literatura, que se dá en Oslo.
En todos estes anos, sete españois resultaron galardoados. Entre eles están Santiago Ramón y Cajal, Severo Ochoa, Juan Ramón Jiménez e Vicente Aleixandre. Ademais a organización da Cruz Vermella recibiu tres veces o premio.
Este ano o Nobel da Paz foi para Malala Yousafzai, unha rapaza paquistaní de tan só 17 anos que leva loitando polo dereito das mulleres á educación dende que era pequena e que por esa causa recibiu un balazo na cabeza e case morre, e Kailash Satyarthi, da India.
27/10/2014
Casas diferentes
Susana Marcote / 1º ESO B

----------------------------------
Non todas as casas son iguais, hai partes do mundo nas que son diferentes ao que estamos acostumados a ver.
No lugar onde vivo, as casas pódese dicir que son normais. Hainas máis grandes, máis pequenas, máis altas, máis baixas... Non son todas da mesma cor: unhas son brancas, outras amarelas, laranxas, grises... e algunhas son de pedra. Hai algunha que outra casa abandonada, e algunhas están reformadas aínda que levan moitísimos anos feitas (incluso séculos e tamén varias xeracións).
Para min unha casa ''ideal'' sería unha que tivera dormitorios grandes, con ventás tamén grandes, unha cociña mediana, un baño con bastante luz, un salón amplo e con boa iluminación, cunha TV grande e cun pequeno xardín.
Noutras partes do mundo hai iglús, que son unhas vivendas feitas de xeo e neve. Adoitan ter forma de semicírculo e éntrase por unha especie de túnel. A súa estancia principal é de 3m de altura e 5m aproximadamente de diámetro. Non son moi grandes, pero non están mal, o malo é o frío.

Unhas casas algo curiosas son as casas tradicionais de Islandia; os tellados son de céspede e as súas paredes ou muros poden ser de palla. É moi probable que se ves estas casas dende o aire, as confundas cunha bonita paisaxe e parecen saídas dun conto.
En Turquía, na rexión da Capadocia, hai cidades milenarias subterráneas. Teñen 1400 anos de antigüidade e foron construídas e ampliadas durante varios anos por cristiáns que escapaban da persecución sufrida nesas terras e, grazas a túneles de ventilación ben disimulados, podían albergar a centos de persoas e animais durante varias semanas. Hoxe en día é un atractivo turístico é, por máis sorprendente que pareza, varios dos seus túneles continúan sendo utilizados como depósitos.
12/10/2014
Presentación curso 2014/15
Paola Di Pietro Alar / 1º ESO A
--------------------------------------
--------------------------------------
Xa comezou un novo ano no CPI Cova Terreña. O meu curso é 1º da ESO, tamén é o curso doutras 50 persoas divididas en dúas clases: A e B.
Somos moitos pero levámonos ben. A maioría estudamos Primaria no Cova Terreña e outros fixérono no CEIP Belesar pero xa nos coñeciamos todos.
Na ESO todo cambia: os horarios, as materias, os profesores...
Sen dúbida o que máis me gusta de todo son as Ciencias da Natureza. Na miña casa leo moito, por iso outra cousa que me gusta son os libros de lectura que nos mandan.
No Proxecto Interdisciplinar teremos a oportunidade de converternos en xornalistas e informar á xente sobre excursións, actividades...
Espero que este ano poidamos chegar a ser tan bos como os nenos do ano pasado, que o fixeron xenial. A entrada que máis me gustou foi a de “E ti quen ves sendo?" de José María Mur.
Este proxecto paréceme moi interesante porque poderemos investigar sobre moitos temas diferentes. A min gustaríame escribir sobre autores, animais e lugares interesantes de Baiona.
06/06/2014
Isto acábase!!
Alumnado de 1º C
-------------------------------------
Acábase o noso tempo
para escribir, acábase a nosa hora de PIN, botaremos de menos estar aquí.
tanto coma nós e que
aproveiten o tempo, xa que de pronto dáste conta, de que as cousas pasan e que só tiveches unha oportunidade.
Esta materia foi
nunha maneira de relaxarse das outras porque
podiamos falar e traballar co ordenador. Pero non é só diversion, tamén hai que
investigar
E con lágrimas nos
dedos de escribir despedímonos de PIN .
04/06/2014
A moda das pulseiras elásticas
Javier Español / 1º ESO A
----------------------------
As pulseiras de gomas elásticas foron creadas no ano 2010 en EE.UU. pero chegaron a España no ano 2013. O inventor foi un enxeñeiro que as facía para as súas fillas.
Para tecelas utilízanse unhas gomiñas que se poden comprar nos quioscos por un euro pero a xente prefire compralas nas tendas dos chineses xa que hai máis variedade e ademais é máis económico.
Estas pulseiras fanse cruzando gomas coa axuda dunha pinza ou dun garfo e cando chegas ao final tes que pórlle un pequeno gancho e unilo co comezo.
Eu aprendín a facelas a través de YouTube e tardo en rematalas 5 minutos aproximadamente. Hai xente que fai algunhas máis largas e incluso figuras, osos, flores...
Eu teño dúas: unha é azul claro e branco, que son as cores do meu equipo preferido, o Celta; e outra é negra e branca. Non acostumo levalas xa que para adestrar sácoas e logo esquézome de poñelas de novo.
----------------------------
As pulseiras de gomas elásticas foron creadas no ano 2010 en EE.UU. pero chegaron a España no ano 2013. O inventor foi un enxeñeiro que as facía para as súas fillas.
Para tecelas utilízanse unhas gomiñas que se poden comprar nos quioscos por un euro pero a xente prefire compralas nas tendas dos chineses xa que hai máis variedade e ademais é máis económico.
Estas pulseiras fanse cruzando gomas coa axuda dunha pinza ou dun garfo e cando chegas ao final tes que pórlle un pequeno gancho e unilo co comezo.
Eu aprendín a facelas a través de YouTube e tardo en rematalas 5 minutos aproximadamente. Hai xente que fai algunhas máis largas e incluso figuras, osos, flores...
Eu teño dúas: unha é azul claro e branco, que son as cores do meu equipo preferido, o Celta; e outra é negra e branca. Non acostumo levalas xa que para adestrar sácoas e logo esquézome de poñelas de novo.
26/05/2014
E ti de quen vés sendo?
José María Mur / 1º ESO B
-------------------------------------
-------------------------------------
Ultimamente co recente éxito que está tendo a película de “Ocho apellidos vascos” estase falando moito dos tópicos que hai sobre os habitantes das diferentes Comunidades Autónomas de España.
Acostuma dicirse que os vascos son uns brutos, os cataláns uns agarrados ou os madrileños uns chulos... e se escribes en Google "os galegos / cataláns /vascos son..." xa cho completa el con eses tópicos que non se corresponden coa realidade.
Pero a miña “burrada favorita” é a definición que ten a palabra GALLEGO no Diccionario da Real Academia Española que o pon como sinónimo de parvo en Costa Rica ou de tatexo no Salvador e iso enfádame moito, pois eu son un galego.
Pero non so hai tópicos sobre as Comunidades, senón tamén de toda España e mesmo nalgunhas guías de viaxe aparecemos como se todos durmiramos a sesta, nos gustasen os touros ou comeramos tortilla de patacas a diario.
O que aprendín disto é que non podemos xulgar a todos por igual, cada persoa é diferente aínda que viva nun lugar común.
Entre dous mundos
Cristina Miniño / 1º ESO B
-----------------------------------
O máis curioso é que hai cidades que están entre dous continentes como por exemplo Estambul (a metade da cidade está en Europa e a outra metade pertence a Asia).
-----------------------------------
Non sei se algunha vez o pensastes pero hai países ou cidades que pertencen a dous continentes ou a dous países. É algo curioso, verdade? Por exemplo España está en dous continentes: en Europa e en África.

As fronteiras serven para marcar os límites dun país, continente, comunidade, etc. doutro. Esas fronteiras poden ser naturais (montañas, ríos) ou artificiais (liñas imaxinarias).
Tamén hai cidades que pertencen a dous países, como Baarle que é unha cidade metade holandesa metade belga. Algunhas das súas casas, comercios ou xardíns están nun país e outras, noutro.
Nas rúas hai unhas cruces brancas pintadas sobre o asfalto que marcan as fronteiras. A pertenza de cada casa a Holanda ou a Bélxica depende do lado no que estea a porta. No caso da que a cruz que marca a fronteira caia na metade da porta, a vivenda terá dous enderezos postais e pagará impostos onde queira.
21/05/2014
Pepe Carballude visita o CPI de Covaterreña.
Miriam Rouco, Vera Rodríguez/1ºC
------------------------------------------------
O pasado martes, día 13 de maio, nós, os alumnos de 1ºESO, puidemos disfutar da visita do autor Pepe Carballude. A razón desta visita era que todo o alumnado de primeiro leu ao longo destas avaliacións o
libro O Deus desaparecido, escrito en colaboración con Andrés García Vilariño , cuñado seu.
Foi bastante
entretido. Contounos que cando era pequeno o seus pais non se podían permitir que estudara, polo tanto Pepe intentou por todos os medios sacar as
mellores notas para que lle concederan becas. Demostrounos que se queres
podes conseguilo.
Despois de que o autor
rematara de resumir un pouco a súa historia, comezamos coas preguntas ata que chegou
a hora de despedirnos. A min por exemplo gustoume unha das súas respostas: “eu prefiro que os temas me chamen a min, e non ter que
chamalos eu”. Finalmente, algúns rapaces pedíronlle que lles asinara exemplares de O Deus desaparecido e el moi amable fíxoo.
19/05/2014
Que non te podes perder!
Carla Penedo/1ºC
--------------------------------
--------------------------------
Eu sempre que vou a Zamora, ao volver
paramos nesta vila a saborear este delicioso bocado. Teñen moita xente.
O negocio saíulle moi ben.
Outra comida que tedes que probar é a hamburguesa grande
do Baioca, en Baiona. É enorme. Unha completa trae: o pan, queixo, a
carne, leituga, xamón york, tomate e cebola. Está moi boa.
Sandra Trigo/1ºC
-------------------------------
Non me poderia perder un gran día na praia
cos amigos. Alí comemos, bañámonos, imos
á Doca, xogamos coas pas ou ao voleilol. Eses días marcan a diferenza xa que
rimos moito e pasámolo ben.
Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
O que
nunca poderás perderte, e máis se es pontevedrés, será ir as pozas do Rosal
situadas No concello do Rosal nas Rías Baixas. Se queres gozar dese sitio e recomendable
que vaias en temporada de verán, para poder bañarte e disfrutar dun día
intenso.
Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
As
súas augas son moi cristalinas. Non todas as pozas non son iguais: algunhas son
máis cómodas para nadar e para tomar o sol, metres que outras son difíciles chegar
a elas, incluso inseguras.
Os que van normalmente son os que coñecen moi ben o
lugar porque chegar ata elas non sempre
é fácil xa que están nun sitio moi apartado.
Hau
pozas para nudistas e pozas para non
nudistas.
Sabas Vázquez/1º C
--------------------------------
Canarias é un sitio
que non te podes perder. Ten un clima tropical que é algo que me gusta moito.
En Tenerife, que é onde fun eu, había parques acuáticos, eu fun a un que me gustou
moito que se chama Siam Park. Recomendo pasar por este parque acuático se vides
a Tenerife. Tamén fun ao Loropark o que recomendo tamén. Por último recomendo
ir ao hotel Be Live Playa La Arena, alí podes encontrar dúas piscinas cun tobogán, ao
lado das piscinas hai un “posto” onde podes coller granizados, refrescos,
patacas fritas... E por ultimo un buffet onde almorzas, comes e ceas. No
hotel atopamos tamén bares, pista
de tenis e un minigolf.
Laura Varela/1º C
--------------------------------
Non te podes perder a película Lo imposible. É unha película moi emocionante, pero se tes a lágrima frouxa será mellor que
non a vexas. A verdade é que a pesar de ser moi triste, trátase dunha película impresionante. Eu vina nunha festa de pixamas
dunha amiga, chorei máis que nunca .
A película trata dunha familia que se vai de vacacións en Nadal, a Tailandia, pero teñen a mala sorte de
sufrir as consecuencias dun "tsunami".
A historia baséase en feitos reais. Recoméndovola porque é realmente
preciosa.
06/05/2014
Onde vivo?
Ángel Rodríguez/1ºC
------------------------------
Eu vivo na rúa San Antón no
camiño Silveira, moi preto da autoestrada. O nome da rúa combina o nome dun
santo co dunha planta moi común á beira dos camiños. É unha rúa pequena na que non vive moita xente. As vantaxes de
vivir aquí son que case non hai ruído, non teño moi lonxe o colexio e os meus
veciños son case todos familiares.
Tamén nos aforramos diñeiro en verduras porque as podemos coller na horta dos meus avós.
E un sitio moi bo para vivir pola tranquilidade.
Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
Anxo Uzal/1ºC
-------------------------------
Vivo nunha vila moi bonita e interesante como Baiona.
É interesante porque ten moita historia. Concretamente, eu vivo nunha rúa moi
interesante: San Xoán. Recibe o nome dun dos santos máis celebrados.
Dende o meu ático non se ve moito porque os tellados
das casas tapan o chan. O único que se ve
un pouco é a Doca do parador e o mar que a rodea.
Na rúa non hai ningún comercio, pero algún bar si.
Está no pleno centro de Baiona, pero non hai moito
ruído.
Na rúa coñecémonos todos. É moi amigable e ademais
os veciños tratánvos (se Ides vivir alí)
moi ben.
Aarón Vasconcellos/1ºC
----------------------------
Eu vivo en Baredo, unha vila que pertence a Baiona. É unha das
parroquias máis rurais. Está bastante apartado do centro do concello. Os de
Baredo din que hai dúas partes : Baredo de Arriba (onde vivo eu ) e Baredo de Abaixo.
Baredo está situada en dirección
A Guarda, concretamente a man esquerda. Dende a estrada pódese ver parte
desta parroquia xa que queda nun outeiro desde o que se ten unha vista da
paisaxe mariña fantástica . Baredo ten sitios moi bonitos como o paseo fluvial, lugares onde podes ir comer como O chan da Lagoa e tamén gozar do deporte
como os campos de fútbol.
Carla Penedo/1ºC
------------------------------
------------------------------
Eu vivo en Baiona na urbanización Praia Santa Marta. Este nome vén da
praia Santa Marta que está un pouquiño máis abaixo. Gústame vivir aquí porque
non hai ruídos e ademais ten unhas vistas moi bonitas de toda a praia, parte do
porto deportivo e incluso un anaco da ribeira do Concello de Nigrán.
Levo dende pequeniña vivindo aí,
por iso me gusta moito e non quero cambiar de casa. Incluso podo
disfrutar da festa que se celebra en honor a Santa Marta en xullo.
Sabas Vázquez/1ºC
---------------------------------
Vivo na rúa Carabela la Pinta. O nome da rúa está relacionado cunha das
embarcacións que pilotaba un dos irmán Pinzón no descubrimento de América.
A rúa está ao lado dunha panadería, pero nela tamén podemos atopar tendas
de roupa, un banco,un restaurante, unha farmacia e unha librería. É unha
lugar moi comercial por iso ten moita vida. Outra cousa que lle dá a rúa
atractivo é o feito de ter unha praia
practicamente ao lado.
A vila de Baiona non ten moita poboación, non obstante nesta rúa vive
un gran número de baioneses.
Jerónimo Pereira/1ºC
-------------------------------------------
O contorno é moi rural. Non hai
edificios ningúns nin tendas, pero o que hai son centros culturais, catro casas
rurais, un pequeno supermercado; tamén
hai unhas ruínas dos colexios antigos.
Jerónimo Pereira/1ºC
-------------------------------------------
Eu vivo en Belesar, concretamente en Medialdea. É un barrio que está
rodeado polos barrios de Urgal, A Granxa
e A Estivada, por iso o seu nome. A miña rúa está no Camiño da Tomada. Chámase así porque
ao lado hai unha tomada moi, moi grande.
Non ten moita poboación a pesar de ser unha parroquia bastante extensa.
Belesar, o que ten de especial é o monte que a rodea, destacando A
Serra da Groba, ademais ten preto Baiona, Nigrán e Tomiño.
laura Varela/1ºC
----------------------------------------
Eu
podo dicir que teño unha das casas máis bonitas que se poden ter .
Non
é que sexa unha casa moi grande, pero para min é perfecta. Está situada no
barrio Illas Cies, o nome simplemente provén das Illas Cies. É un sitio
estupendo, sempre esta tranquilo e ten
unhas vistas moi bonitas.E un lugar moi bo para ter animais porque hai moitos
espazos verdes para sacalos a pasear.
Subscrever:
Mensagens (Atom)