06/02/2014

O Erizana

Carlos Rivera, Ángel Rodriguez, Aarón  e Sabas /1ºC
-----------------------------------------------------------------------

O Erizana Fútbol Club é un club deportivo con gran tradición  que actualmente xoga un papel fundamental, xunto con outros organismos deportivos para a promoción e desenvolvemento do deporte de base no Concello de Baiona. Este obxectivo de promover o deporte, xunto coa mellora das instalacións deportivas (municipais) e  aumentar o nivel competitivo dos seus equipos  son a base do seu  plan de traballo.
Este club participa en distintos torneos coas súas ligas de 1ª, 2ª e 3ª división. Os rapaces e rapazas  adestran varios días á semana para competir todas as fins de semana.
Unha das xogadoras deste equipo é unha alumna deste centro, trátase de Beatriz López, "Betty", alumna de 2º de ESO,  á que tivemos o pracer de facerlle unha entrevista.

Carla Penedo, Lucía Rodal, Miriam Rouco e Sandra Trigo /1ºC
--------------------------------------------------------------------------------
Entrevista a Beatriz López

P.   -Cando empezaches no equipo?
R.  -A temporada pasada, pero xa xogara antes.

P.  -Por que elixiches este deporte e non outro?
R. -De pequena xoguei, pero deixeino. Logo practiquei outros deportes, pero   este era o que quería practicar. Pódese dicir que o levo no sangue.

P.  -Hai máis rapazas no equipo?
R. -Ao principio da temporada había unha, pero por razóns descoñecidas      deixouno. Aínda así,  adestro tamén coas xogadoras maiores do neu club.

 P.  -Ganaches algo importante?
 R. -De momento non, pero estamos loitando por un título e polo ascenso.

P.  -Custouche integrarte?
R. -Si, pódese dicir que aos rapaces pareceulles raro que unha nena puidera    xogar, quizais estaba un pouco presente o machismo.

P.  -Estás de acordo coa túa equipaxe?
R. -As colores e o estilo gústanme, pero o malo é que as camisetas da nosa     categoría non teñen escudo.

P.   -Cantos goles marcaches nesta temporada?
R.  -Ningún, pero non é que me importe moito; a min impórtame máis o equipo. E o meu traballo é evitar que metan goles.

P.  -Lesionacheste algunha  vez?
       R. -Non.

P.  -Como celebras os goles?
R. -De momento non levo ningún gol, pero acostumo dedicarlle os goles ao meu   pai que é o que sempre está aí.

P.  -En que posición xogas?
R.  -Xogo de lateral dereito ou esquerdo.

P.  -Cal é o teu xogador favorito?
R. -É complicado decidir só un, os meus xogadores favoritos son Iniesta e    Messi. E a xogadora é a nosa paisana Verónica Boquete, un exemplo a seguir.

P.  -É bo o teu adestrador?
R. -Para min é o mellor. É traballador, ensínache valores  como: o xogo en  equipo, o respecto cara aos demais e que a constancia dá os seus froitos… Uns din que esixe moito, pero eu creo que iso é necesario.

P.  -Poderás conseguir un balón de ouro?
R. -Isto é un dos meus soños, pero é case imposible. Para gañar isto, hai que ser unha estrela e eu non o son, non obstante seguirei traballando para mellorar.
  


1 comentário:

  1. Víctor Otero Vasconcellos07/02/14, 10:49

    Ten erros como manchismo, neu e demais polo demais moi ben. Pero Betty xa nos gustaría ascender de categoría

    ResponderEliminar