Laura Varela/1ºC
-----------------------------------------------------------
A miña nai, chámolle artista. Ela é neuróloga,
pero gústalle pintar dende que tiña sete anos. Os meus avós non lle podían
pagar as clases, pero como a miña avoa era
deseñadora puido ensinarlle un pouco.
Creo
que é unha artista, xa que pinta sen pensalo. Sáelle de dentro e iso non o consegue
calquera persoa. Ela pinta por afección, porque lle gusta, non para gañar
cartos; de feito a maior parte dos seus cadros están na casa e outros na casa
das súas amigas, xa que regala algúns dos seus cadros. Ela non é un picasso, pero pinta moi ben. Un dos cadros que pintou é
o “O bico” de Klim, quedoulle bastante ben,
tamén pintou algúns cadros orixinais, destacando un titulado “Os meus nenos”. É
un cadro no que estamos pintadas eu e a
meu irmá .
Sem comentários:
Enviar um comentário