Vera Rodríguez/1ºC
-------------------------------------------------
-------------------------------------------------
San
Bartolomeu de Meira fundouse no 1979. É un dos clubs de remo máis
importantes de Galicia e atópase no porto de Moaña, comarca do
Morrazo.
O
remo é o deporte por excelencia nesta terra, onde se encontran dous
dos clubs máis salientables: S.D.Tirán, que na actualidade compite
na liga Act de traineras, a categoría máis alta do remo estatal, e
a S.d San Bartolomeu de Meira, que compite na liga galega de traíñas.
Entrevista a un remeiro
Óscar
Rey (ursus) é intregante do club de remo San Bartolomeu de Meira.
Leva 12 anos formando parte do equipo, e con eles conseguiu gran
parte dos títulos que posúe o club:
- 4 ligas galegas
- 4 Teresa Herrera
- 4 bandeiras de Corte Inglés
- 2 principe de Asturias
P.-
Cantos remeiros sodes actualmente no equipo?
R.-
Somos 20, aínda que nas competicións de trainera somos 13 mais o
patrón.
P.-
Como son os adestramentos?
R.-
Adestramos 2 horas todos os días, 11 meses ao ano, incluídos os
sábados e domingos. Cando estamos cerca dunha competición a
preparación faise no mar.
P.-
Canto mide un campo de regatas?
R.-
O campo de regatas mide 5.556 metros, tres millas náuticas.
P.-
Cal é o mellor equipo de remo de España para ti?
R.-
Este ano o mellor equipo foi Kaiku, aínda que Urdabai tamén é moi
bo. Curiosidades da vida fai que o primeiro equipo estea formado por
cinco galegos e no segundo por sete, algúns deles antigos
compañeiros de Meira.
P.
- En que pensas cando remas, Óscar?
R.-
En nada, só en gañar.
P.-
Tes algún amuleto?
R.-
Pois nunha das primeiras regatas nas que participei deume unha
lipotimia, un baixón de azucre, aínda así gañamos igual, dende
ese día sempre remo cun azruquiño no culotte, (risas) e non
perdemos nin unha regata nesta temporada.
P.-
Que significa “champa”?
R.-
Champa é unha palabra que o patrón grita cando faltan 500 metros,
medio longo para chegar á meta, iso quere dicir que temos que botar
o resto.
P.-
Cal é o título conseguido o que lle tes máis cariño?
R.-
Sen dubidalo, á primeira liga galega gañada no 2004. Só eramos
14 remeiros, ninguén daba un duro por nós, non obstante gañamos
todas as regatas.
P.-
Cal é o obxectivo para este ano?
R.-
Pois o obxectivo principal é gañar a liga galega; se conseguimos
isto, imos o Play Off. Os dous mellores equipos entrarán na liga
Uasca, Act. O que sería un colofón especial da temporada para
participar na bandeira de Concha, vaia, un soño!
Sem comentários:
Enviar um comentário