19/12/2011

Tempo de lecer. Actividades para todos

Alejandro Rouco, Gabriel Seoane, Abraham Soto e Alberto Trapero /1ºC
-----------------------------------------------------------------------------
De 61 alumnos de 1º de ESO, só un 12% non practica ningunha actividade extraescolar o que indica que un 88% dedica algunha hora durante varios días á semana a practicar algunha afección que pode ser deportiva, musical ou aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

O deporte que máis practican é o fútbol, 12 alumnos, en segundo lugar está aprender inglés, en terceiro lugar séguelle o baloncesto e logo temos actividades como taekwondo, baile, atletismo, natación, tenis ou pesca, practicadas por dous alumnos cada unha. Cun só alumno temos: equitación, monociclismo, loita greco-romana, surf, vela, kárate, saxo, boxeo, gaita, danza, tambor ou pintura que suman un total de 26 alumnos.
Fútbol, baloncesto, taekwondo son practicadas só por nenos. As nenas asisten máis a clases de inglés, danza e pintura, aínda que o atletismo e a natación son femininos totalmente. No caso das clases musicais van nenos e nenas.

2 comentários:

  1. Ruben Alvarez 1ºB02/02/12, 15:51

    non sei como a xente non lle gusta o deporte por que e moi devertido e ademais moi san

    ResponderEliminar
  2. jano barreiro de 1b01/03/12, 21:44

    Eu creo que o deporte e o mais san .
    e tamen creo que a xente ten que facer moito mais deporte
    como o futbol,baloncesto, balonman ....

    ResponderEliminar