27/11/2013

Pros e contras

Nerea Nieto/1ºC
---------------------------------
Ola a todos, agora imos escribir sobre  vantaxes e desvantaxes de diferentes aspectos. A ver que pensades vós?

Sandra Trigo/1ºC
----------------------------------
Cidade ou vila?

Eu penso que  a cidade está moi ben porque tes todo cerca: comercios, tendas, grandes almacéns... En xeral son máis grandes é teñen máis  variedade, pero tamén hai contras como:  ruído,  aire  máis contaminado; a parte de que é raro o día no que non haxa tráfico .
O bo das aldeas é que non hai case ruído e non hai tráfico. Por outro lado case todo ao teu redor é natural, é dicir, hai fincas, hortas e montes cheos de árbores. Tamén é importante lembrar que o feito de que sexan lugares pequenos e con pouca xente fai que se coñeza  todo o mundo que a habita.

Lucía Rodal/1ºC
-----------------------------
Compras tradicionais ou compras on line?

As compras tradicionais permiten  ver, tocar e probar todo antes de comprar, porén nas compras on line só poderás velo porque tocar e probar  non.  Aínda que as compras on line teñen as súas vantaxes, entre elas: máis talles,  non tes tanto extrés coma na tenda, aforras tempo xa que non hai que moverse da  casa para nada e tes infinidade de tendas nun único aparello, o teu ordenador.
  
Mirian Rouco/1ºC     
-----------------------------------------------
Viaxar só ou viaxar en grupo?

Viaxar en grupo  ten algunhas vantaxes. É unha maneira de pasalo ben cos teus amigos, xa que podes facer actividades en conxunto. Se vas a un país que non sabes falar moi ben a lingua, podes apoiarte nos teus compañeiros para que te axuden.
Pero tamén ten desvantaxes:Tes que esperar á xente, se  queres ir a un sitio debes pensar que hai máis persoas que  poidan querer   visitar outros lugares. Por iso é necesario sempre o consenso para que a viaxe sexa perfecta. Necesitas moita organización e coordinación; mentres que unha persoa soa pode decidir algo de repente ou cambiar unha decisión, que xa tiña tomada, porque non lle afectará a ninguén.

Viaxar en coche ou viaxar en bus?

Se viaxas en coche irás moito mais rápido que no autobús pero gastarás máis, tanto en gasolina como no aparcadoiro e contribuirás ao aumento de gases nocivos para o medio ambiente. Tamén che permitirá elixir o itinerario que un crea conveniente sen necesidade de seguir unha ruta xa preestablecida e poderás ir ata o lugar exacto do destino a diferenza das paradas do bus  que ás veces non están no sitio a onde queres chegar.

Laura Varela / 1ºC
----------------------------------------------------
Onde aprender unha lingua estranxeira?

O bo de aprender un idioma na academia é que é máis sinxelo, xa  que se ti vas ao país de orixe, sen saber nada, vaiche parecer que falan nun idioma extraterrestre .
Nunha academia ensinante máis que nada a gramática  porque se ti vas por exemplo a aprender inglés a Londres o que aprenderás será máis que nada expresión oral.
Outro factor positivo  de aprender o idioma no país é conseguir  unha boa  pronuncia  do idioma,  xa que todo o mundo o fala e escoitaralo por todas partes.
Imos cos contras: Se ti aprendes a falar a lingua na academia non te van poder ensinar todo o vocabulario  e quizais no país ao que vaias  si, ademais que na academia só vas falar a lingua estranxeira alí, ao saír xa perdes o contacto con esa lingua.

Jerónimo Pereira , Vera Rodríguez/ 1ºC
-------------------------------------------------
Casa ou piso?

Nós preferimos casa porque tes máis espazo e liberdade ca nun piso. Estás máis illado dos ruídos externos. Podes ter  horta, piscina, árbores e  garaxe propio.
As desvantaxes dunha casa son:  limpar moito, pagar máis pola electricidade, a calefacción, a auga, e IBI.
O mellor dun piso é que  acostuma estar máis  preto do centro e isto posibilita ter todo tipo de comercios e servizos a man.
Non obstante o piso ten menos  intimidade, hai máis ruídos, ás veces os veciños incordian; incluso podes ver os veciños de en fronte.


Anxo Uzal/1ºC
--------------------------------
Can ou peixe?

O can é moi bonito de pequeno, pero cada vez crece máis. Hai que levantarse de mañá para que vaia  facer as súas necesidades no xardín,  témolo  que duchar, secar, darlle de comer, pasealo, levalo ao veterinario, vacinalo contra a rabia e darlle cariño.

Do peixe só te tes que preocupar de cambiarlle a auga cando está moi sucia para que non morra e só lle debes  dar de comer unha vez ao día e é moito máis barato ca o can, pero  non o podes tocar nin podes darlle cariño. 

26/11/2013

1º da ESO triunfa no festa do magosto

Carolina Cedeira e Luís Corbacho / 1º ESO A
------------------------------------------------
O venres 15 de novembro celebramos o magosto no noso colexio, o CPI Covaterreña.
Despois do recreo estivemos todos os alumnos de secundaria no pavillón para descubrir os gañadores de dous concursos: “Cóntame un conto” e “Cova chef”.
No concurso “Cóntame un conto” había que facer un relato en galego que tivera como tema o magosto e que estivera dirixido a nenos de 3 a 6 anos. En terceira posición quedou Anxo, de 1º C, en segundo lugar quedaron Claudia e Ana de 1º B e o primeiro premio foi para Noemí e eu, Carolina, de 1º A. Pasamos bastante vergoña, porque tivemos que ler o noso conto diante de todos.
Déronnos varios agasallos pero o gran premio foi ler os contos aos nenos de Educación Infantil do colexio.
No concurso “Cova chef” había que presentar un prato que estivera elaborado con produtos de outono e explicar nun papel cales eran os ingredientes e a preparación. Deron dous premios: un á presentación do prato, que gañaron Ana e Antía de 2º ESO, e outro para o máis saboroso, que foi para Xerónimo de 1º C.
Despois da entrega de premios todos comemos as larpeiradas que se presentara ao concurso e por suposto castañas asadas, que para iso estabamos celebrando o magosto.
Finalmente fomos ao patio facer unha ruta de xogos populares como a corda, o trompo ou a ra. Os monitores foron os rapaces e rapazas de 1º C, así que os de 1º da ESO arrasamos en todo o magosto, como podedes ver.
Aupa 1º!!! 
video

25/11/2013

De excursión ao Faro de Vigo

Emilio García / 1º ESO B
-----------------------------
O día 13 novembro todos os alumnos de 1º de ESO fomos cos profesores Rebeca e Quique ás instalacións do Faro de Vigo que están en Chapela.
No autobús fixemos algo de balbordo xa que todos estabamos moi emocionados con esta excursión. Cando chegamos ao Faro tivemos que esperar un pouco a que viñera unha señora chamada Julia que nos guiaría por todas as instalacións. Subimos ata o primeiro andar e explicounos cousas sobre esas seccións. Despois fomos a unha sala na que todos nos sentamos para ver un vídeo relacionado coa historia deste xornal. No vídeo aparecían fotos antigas del, dende que se inaugurou en 1853 ata o día de hoxe.
Despois fomos ás maquinas que imprimen o periódico, aínda que a esa hora non estaban funcionando tal e como nos explicara antes Julia, pero no vídeo xa as viramos en marcha. Fomos pasando polas distintas seccións ata que chegamos case a última, na que un fotógrafo nos sacou unha foto que se publicará no Faro de Vigo o día 26 de novembro.
Finalmente acabamos na recepción e agasalláronnos cunha bolsa que contiña un póster do Celta de Vigo, un bolígrafo do Faro, un pin co escudo de Galiza e dous mapas.

17/11/2013

Escopolamina ou Burundanga

Nerea Nieto, Lucía Rodal e Laura Varela/ 1ºC
-------------------------------------------

A Escopolamina tamén chamada “ Burundanga” procede de Sudamérica. É un alcoloide . Encóntrase como metabólico secundario nas plantas da familia das solanáceas.
É unha droga moi tóxica, só pode ser usada en doses minúsculas para tratar a "Anetose", que son mareos. Unha sobredose pode causar delirio, pérdida de contacto coa realidade, parálise  e incluso a morte. Carece de sabor e cheiro. Úsase ilegalmente por secuestradores, violadores e delincuentes, en xeral, para deixar as súas vítimas sen coñecemento.
                                     O máximo
efecto prodúcese ao pasar dúas horas de entrar en contacto coa mesma ou mesmo un pouco antes. 
Hai pouco saíron varias noticias que relacionaban varios roubos coa utilización desta droga.  Alicante é unha das provincias máis afectadas polo uso ilegal deste produto. Alomenos   sábese de catro mulleres que sufriron roubos con violencia e intimidación por parte de grupos delitivos que utilizaron a Escopolamina.
A maneira de proceder dos delincuentes é a seguinte: Unha persoa achégase solicitando axuda, normalmente piden información a cerca dun enderezo que levan apuntado nun papel e que ofrecen á vítima. Esta ao coller o papel  entra en contacto coa droga que vai impregnada na nota, pasado un tempo a vítima perde toda noción da realidade e obedece en todo aos delincuentes. Isto provoca que as afectadas, unha vez recobrada a consciencia,  se dean conta de que foron timadas, xa que foron quen de retirar cartos das súas contas bancarias e darllelo a persoas estrañas sen decatarse.



12/11/2013

Viaxar é un pracer


Laura Varela / 1ºC
 ----------------------------
VIAXE A KENIA

A miña viaxe marabillosa foi a Kenia. Fun en avión dende o aeroporto de Vigo ata o de Barcelona. Esperábame unha viaxe moi longa, a pesar de que o pasei moi ben no avión. Fomos en primeira clase, xa que era o regalo de voda ao meu pai. Eu fun todo o traxecto co meu irmán pequeno, vendo na televisión do avión “Timon e Pumba “. Ao chegar a Mombasa (Kenia) fomos o noso hotel “ The Oawoond". O primeiro día, nada máis espertar, démonos conta de que ía moita calor e fomos a “Mombasamarine national park” que era precioso. Estaba cheo de piscinas, atraccións acuáticas, praias .... Pero sen dubidar, o mellor foi o segundo día. Fixemos un Safari. Vimos todos os animais imaxinables; xirafas , leóns, guepardos... Pero está claro, os que máis me fascinaron foron os maxestuosos elefantes, aínda que nos deron un pouco de medo ao principio , xa que estaban pelexando , pero foi fascinante velos. O terceiro día visitamos unha etnia keniata, pasámolo xenial xogando con eles e aprendendo da súa cultura. Pola noite no hotel representaron a obra de “Timon e Pumba". O meu irmán, durante toda a viaxe de volta, estivo dicindo : HAKUNA MATATA!

 Miriam Rouco/1ºC
 --------------------------
 LONDRES
Sempre quixen ir a Londres. É un destino formidable; multitude de monumentos fermosos e diferentes lugares que visitar. Tiñamos previsto saír de Baiona para ir ao aeroporto de Vigo e chegar a Londres ás nove da mañá e así o fixemos. O traxecto en avión foi moi divertido, nunca montara nun aparello voador. Cando chegamos ao aeroporto de Londres fomos de camiño ao hotel nun taxi típico de alí . Meu pai tivo moi bo ollo, xa que colleu un hotel no centro da cidade de cinco estrelas.
Cando chegamos a recepción tratáronnos moi ben. Tivemos moita sorte porque o encargado do hotel era hispanofalante, entendiámolo moi ben a pesar de que nin meu pai nin  miña nai están moi aplicados no inglés; eu deféndome, pero... Despois collemos as tarxetas electrónicas das habitacións, baleiramos as maletas e fixemos turismo pola cidade: Primeiro visitamos o Big Ben, despois fomos ao ollo de Londres e montamos nel. Que divertido! Tamén fomos o Buckingham Palace e sacamos unhas fotos estupendas. Ao día seguinte visitamos tamén as casas do parlamento e Trafalgar Square, nel paseamos por Chinatow que é unha zona de restaurantes e comercios chinos. O xoves estivemos no Natural History Museum, aquí teñen unhas exposicións de dinosauros incribles. Durante os días seguintes reláxamonos e descansamos nun spa .
Xa eran as dúas da tarde do venres e as tripas empezaban a ruxir, polo tanto comemos nun restaurante de comida típica, pedímos rosbif e pudin de Yorkshire. Se nos vedes aos meus pais e mais a min facendo mímica para que nos entenderan. Que vergonza! Os días pasaron tan rápido e tocou partir. Despois de recoller as maletas chegamos ao aeroporto rumbo a Vigo. Se vos conto!, no avión durmín todo o traxecto debido a semana de aventuras que vivín.

 Lucía Rodal/1ºC
 -----------------------------
 VENECIA
Partirei do aeroporto de Vigo e voarei ata o meu destino: Venecia. Irei co meu mozo italiano que coñecín na viaxe anterior. Montarei en góndola, pasearei polo gran canal, que se estende ao longo de catro quilómetros gozando do ambiente e dos incribles edificios que se atopan a ambas beiras e das pontes, como a de Rialto. Visitarei sitios e monumentos importantes como a basilica e praza de San Marcos,e o palacio Ducal. Pola noite pasearei para escoitar os concertos das cafeterías e soborearei unha rica pasta nalgunha das múltiples tratorías cercanas. Tamén visitarei a illa de Murano, que esta a 1km de Venecia,   famosa pola súa artesanía de cristal , tamén visitarei o museo do vidro que ten 4.000 pezas.

 Anxo Uzal/1ºC
 -------------------

CIDADE DO CABO

A viaxe da miña vida sería pasar un mes,  con bo tempo, na cidade do Cabo. A esta viaxe tan impresionante acompañaríame a miña noiva e tamén invitaría aos meus pais, irmáns, avós, e curmáns … “a familia ao completo”. Para chegar ao noso destino teríamos que ir no avión Northrop Grumman B-2 Spirit. Trátase dun bombardeiro estratéxico de gran capacidade que participou na guerra de Iraq. Para poder facer uso del teríalle que solicitar ao exército un piloto de elite porque ninguén da familia sabe manexar unha máquina tan complicada. O avión tería que aterrar no meu “tellado especial”, un aeroporto emprazado enriba do meu luxoso chalé. Nel tamén transportaríamos o meu “Ferrari chile”, que iría colocado no compartimento das bombas e dos mísiles. Levariamos o coche para podernos desprazar polos arredores da cidade. Aloxariamonos no hotel Mount Nelson. Un dos mellores da cidade. O hotel ten persoal moi cualificado, cociñeiros de prestixio internacional, piscina, spa, ximnasio, pistas de pádel, … e unha morea de servizos de luxo para xente “tan exclusiva” coma nós. A primeira semana sería de carácter cultural: visitando monumentos, edificios destacados, entornos naturais e sitios históricos. A segunda semana estaríamos na piscina do hotel tomando o sol e realizando actividades lúdicas e de aventura. Tamén aproveitariamos para navegar no iate de Roberto Cavalli (íntimo amigo da avoa). Trátase de gozar do mar, da brisa, da fauna mariña, do sol, da familia, e tamén dos “mareos” da miña nai. E por último a última semana sería para relaxarse, disfrutando do bo tempo nas praias máis marabillosas : Clifton, Bloubergstrand... Comendo, paseando e ceando en locais típicos do lugar e degustando a súa gastronomía, coñecendo as súas xentes, os seus costumes.
Para realizar a viaxe de regreso, reservaría uns camarotes nun cruceiro, para así vir descansados e ir facendo paradas en portos importantes de varios países de África. Non podemos deixar pasar a oportunidade de disfrutar das instalacións do cruceiro ( como o casino, a discoteca, as tendas, o rocodromo, as piscinas, ... VAIA VACACIÓNS RAPACES!!!!!


Aarón Vasconcellos /1ºC
-----------------------------------------

ESTADOS UNIDOS AO COMPLETO

A viaxe da miña sería ir a EE.UU. Exactamente a New York (Manhattan),  para visitar o edificio Empire State , o edificio Rockefeller Center , o American Museum of Natural History.

Gustaríame cruzar o océano Atlántico en barco, nun gran iate.
Despois de pasar 4 meses en New York collerei o  primeiro voo en bussines ata Os Ánxeles. Despois nos Ánxeles irei a Hollywood , Disneyland , os Estudios Universal, Paramount, o parque Griffith e as famosas praias de Santa Mónica, Malibú e Laguna Beach. E volverei a España en avión.




 Sabas Vázquez/ 1ºC
----------------------------------------

TENERIFE, O MEU DESTINO                                           

A viaxe da miña vida era ir a Tenerife, e xa fun. Viaxei en avión desde O Porto, cheguei despois de estar catro horas no avión. A compañía do avión era Ryanair, fun cos meus pais, coas miñas curmás e cos meus tíos. Cando puxen os pés en terra quedei abraiado co  que vía,  era xenial.
Nada máis chegar collemos o coche, que  alugaramos, para ir ao hotel, aos parques acuáticos, para visitar os sitios máis importantes... Co coche fomos ata o  “Hotel Be Live Playa La Arena”e deixamos as maletas.
Logo marchamos ao “Siam Park”,  alí  montamos nas atraccións acuáticas, eran moitísimas e eran moi chulas, estivemos alí todo o día.
Ao día seguinte marchamos ao “Loropark”, había moitísimos animais, pero non deixamos ningún sen ver. Encantoume Tenerife.