------------------------------------------------------------------------------------
ACUARIO (22 xaneiro-21 febreiro)
- Saúde: debes pensar en comer máis san. Substitúe as larpeiradas pola froita.
- Estudos: todo parece estar cambiando grazas aos teus esforzos.
- Amor: a túa xenerosidade e simpatía fará máis feliz á xente que te rodea.
PISCIS (22 febreiro-20 marzo)
- Saúde: decídete a facer deporte xa que vai ser moi beneficioso para a túa saúde.
- Estudos: organiza o teu tempo e non deixes os teus deberes para o último momento.
- Amor: algún amigo ou familiar teu darache unha sorpresa.
ARIES (21 marzo-20 abril)
- Saúde: sentiraste mellor en contacto coa naturaza. Proba a facer algunha actividade ao aire libre.
- Estudos: as túas notas subirán grazas aos esforzos que estás facendo.
- Amor: coñecerás novas persoas que se converterán no futuro en bos amigos teus.
TAURO (21 abril-20 maio)
- Saúde: será unha etapa boa debido a unha alimentación equilibrada e a que tomas moitos zumes naturais.
- Estudos: mellorarás na materia que peor se che dá.
- Amor: deberás moderar as túas palabras e o teu xenio para que ninguén se enfade contigo.
XEMELGOS (21 maio-21 xuño)
- Saúde: sentiraste en harmonía co teu entorno.
- Estudos: pasarás por unha época complicada pero serás quen de solucionalo.
- Amor: a túa familia enfadarase contigo por algunha trasnada que fixeches.
CANGREXO (22 xuño-22 xullo)
- Saúde: estarás un pouco nervioso debido aos estudos; tranquilízate e todo irá mellor.
- Estudos: se melloras nos estudos a túa familia estará máis contenta contigo.
- Amor: estarás rodeado de amigos que te queren e coidan.
LEO (23 xullo-22 agosto)
- Saúde: estás durmindo pouco esta temporada. É importante descansar para render nos estudos.
- Estudos: esfórzate e acadarás as túas metas.
- Amor: buscarás axuda nos teus amigos e eles apoiarante en todo momento.
VIRGO (23 agosto-21 setembro)
- Saúde: debes facer unha visita ao dentista.
- Estudos: comezarás mal o ano pero rematarás ben o curso.
- Amor: reencontraraste cunha antiga amiga que marchou a outro colexio e que non vías dende hai tempo.
LIBRA (22 setembro-22 outubro)
- Saúde: nos próximos meses terás que protexerte do frío para evitar arrefriados.
- Estudos: este será un bo ano se non baixas o ritmo de traballo.
- Amor: farás novos amigos e riraste moito con eles.
ESCORPIÓN (23 outubro-21 novembro)
- Saúde: terás unha excelente saúde.
- Estudos: adícalle máis tempo aos estudos.
- Amor: vivirás unha etapa moi afortunada xa que notarás que te quere moita xente.
SAXITARIO (22 novembro-22 decembro)
- Saúde: farás esforzos físicos pero isto non suporá ningún problema para ti.
- Estudos: estarás moi motivado nos estudos e as cousas sairanche ben.
- Amor: non descoides as túas amizades pois necesitarán a túa axuda.
CAPRICORNIO (23 decembro-21 xaneiro)
- Saúde: cara á primavera podes ter algún problema coas alerxias.
- Estudos: será unha época na que estarás moi inspirado e ocorreránchese tarefas orixinais.
- Amor: recapacita antes de tomar decisións importantes.
pareceme unha boa idea pensar en averiguar o futuro, de feito a min acertoume todo, foi una actividade moi entritida, espero que sigamos facendo actividades asi de entritidas e aver se a xente gustalle o noso blog e comenta as nosas actvidades que nos esforzamos moito en facelas pero merece a pena o esforzo
ResponderEliminarAmi hacertoume todo menos o ultimo pero non creo nesas cousas aun que foi divertido facelo.
ResponderEliminarNoelia Cedeira 1ºA
Foi divertidisimo facelo e unha actividade moi distinta e mola facer de adiviña.
ResponderEliminar