16/03/2012

O CEIP de Belesar visita o Covaterreña

José Luís Vilar / 1º ESO B
---------------------------------
O pasado venres 9 de marzo os alumnos de 6º de Primaria do CEIP de Belesar viñeron ver o que vai ser o seu colexio dende o próximo curso.
Nesta xornada de acollida recibíronos, entre outros, a directora, o orientador,  o profesor de Ciencias Sociais e un alumno de cada curso da ESO.
Algúns rapaces de 1º fixeron unha obra de teatro que mostraba como era a súa vida cotiá no colexio e como resolvían os seus problemas.
Outros nenos, tamén de 1º da ESO, explicaron o funcionamento da Aula Virtual de Matemáticas. Nesa páxina fanse actividades, repaso para os exames, consulta de dúbidas, preguntas á profesora...
Outro rapaz explicou en que consistía o Proxecto Interdisciplinar. Nesta materia, que só hai en 1º da ESO, redactan noticias coma esta que agora estás lendo.
Un rapaz de 4º explicoulles en que consistía o Servizo de Mediación e os pasos que se dan se dous nenos se atopan nunha situación pouco agradable. Se sodes do colexio e necesitades desta axuda, podedes enviar un e-mail a mediacioncovaterrena@gmail.com

Sem comentários:

Enviar um comentário