05/03/2013

Problemas coa ortografía

Moisés Alonso / 1º ESO A
------------------------------
Eu cometo moitas faltas de ortografía, a maioría delas porque non emprego ben as regras xerais de acentuación ou confundo o b e o v. Moitas veces sei escribir a palabra correctamente pero á hora de facelo non me fixo e acabo escribíndoa mal.
Axuda a corrixir estes erros volver ler con atención o que se escribiu ou fixarse cando se le calquera texto.
Un profesor de Lingua e Literatura dun instituto de Málaga levou a cabo unha curiosa inicitiva á que chamou “Tu ignorancia me alimenta”. Despois de idear diferentes estratexias para mellorar a ortografía dos seus alumnos decidiu que, para recuperar os puntos restados polas faltas de ortografía nos exames, os rapaces deberían doar o mesmo número de quilos de comida. E cando rematou o primeiro trimestre levaron 500 Kg de alimentos a unha residencia de anciáns así xa vos facedes unha idea…
A min a proposta paréceme boa, porque así fíxaste máis cando escribes para non cometer faltas e recuperas a nota axudando ás persoas que o necesitan.

1 comentário:

  1. A idea do profesor de mallorca pareceme moi interesante xa que teñon bastantes faltas de ortografia.Eu quixera probar esa idea
    ANDREA 1ºA

    ResponderEliminar