25/11/2013

De excursión ao Faro de Vigo

Emilio García / 1º ESO B
-----------------------------
O día 13 novembro todos os alumnos de 1º de ESO fomos cos profesores Rebeca e Quique ás instalacións do Faro de Vigo que están en Chapela.
No autobús fixemos algo de balbordo xa que todos estabamos moi emocionados con esta excursión. Cando chegamos ao Faro tivemos que esperar un pouco a que viñera unha señora chamada Julia que nos guiaría por todas as instalacións. Subimos ata o primeiro andar e explicounos cousas sobre esas seccións. Despois fomos a unha sala na que todos nos sentamos para ver un vídeo relacionado coa historia deste xornal. No vídeo aparecían fotos antigas del, dende que se inaugurou en 1853 ata o día de hoxe.
Despois fomos ás maquinas que imprimen o periódico, aínda que a esa hora non estaban funcionando tal e como nos explicara antes Julia, pero no vídeo xa as viramos en marcha. Fomos pasando polas distintas seccións ata que chegamos case a última, na que un fotógrafo nos sacou unha foto que se publicará no Faro de Vigo o día 26 de novembro.
Finalmente acabamos na recepción e agasalláronnos cunha bolsa que contiña un póster do Celta de Vigo, un bolígrafo do Faro, un pin co escudo de Galiza e dous mapas.

Sem comentários:

Enviar um comentário