13/04/2012

Seguindo a pista a 29000 parrulos de goma

Yolanda Domínguez e Alex Álvarez / 1º ESO B
------------------------------------------------------
Ocorreu unha furiosa noite de xaneiro de 1992, cando un buque que saira de Hong Kong rumbo a América se avariou no medio do Océano Pacífico. Por culpa dos movementos do barco, algúns dos colectores desprendéronse das súas amarras e caeron á auga no medio da tormenta. Un deles verteu no mar 29000 xoguetes para a bañeira: parrulos, tartarugas, castores e ras. As correntes arrastraron os parrulos amarelos, as tartarugas azuis, os castores vermellos e as ras verdes.
 Os científicos seguiron con interese a traxectoria dos xoguetes ata as costas de Alaska, Gran Bretaña ou Australia e aproveitaron esta información para estudar as correntes marítimas.
A prensa de todo o mundo fíxose eco desta noticia e incluso SEAT utilizou esta historia para anunciar un dos seus coches.
Houbo persoas que chegaron a pagar 1000 euros por algún daqueles xoguetes avellentados despois da longa travesía.
Vinte anos despois do naufraxio aínda hai moitos parrulos que non chegaron ás costas.

11/04/2012

Festas gastronómicas

Jose Barra, Sabela Barra e Mara Ferreira/1ºC
----------------------------------------------------------

Non cabe dúbida de que Galicia é unha terra que ten fama de que se come ben ; tanto pola calidade dos produtos como pola cantidade. Proba diso son as festas gastronómicas que se estenden por todo o territorio galego. Aquí no Val Miñor, na localidade de Baiona destaca a Festa do mel e das noces que se celebra coincidindo coas festividades de San Cosme e San Damián (26 e 27 de setembro). Durante dous días, na praza de Santa Liberata, concéntranse numerosos postos onde se venden e se poden degustar estes produtos. En Gondomar, temos a Festa da rosquilla, o primeiro domingo de xullo na romaría da praza de San Bieito. Tamén en Gondomar, pero na parroquia de Chaín celébrase a Festa do xurelo cociñado de maneiras distintas. En Couso, son as delicias do porco as que se poden saborear na primeira semana de agosto. O concello de Nigrán ten dúas festas gastronómicas importantes: a do churrasco, na parroquia de Priegue. Nesta celebración, pódese degustar un menú a base de churrasco, cachelos, pan, viño e doces variados. Nesta mesma parroquia tamén se fai a Festa do lacón con grelos. Preto desta comarca temos o concello de Oia, aquí podemos asistir as festas do Ourizo o 11 de marzo na localidade de Mougás, nesta festa podemos degustar este produto de xeitos distintos. A Festa do polbo, cociñado á feira ou en empanada, celébrase o último sábado de abril. En agosto, temos dous acontecementos: a Festa do Caramuxo e a Festa degustación de carne de poldro organizada pola A.S.C.V. Virxe do Rosario de Torroña.

 Ao longo da comunidate atopamos outras festas, destacando: Festa da lagosta, na Guarda, Festa da lamprea en Arbo, Festa do cocido en Lalín, Festa do polbo no Carballiño, Festa do marisco no Grove. Poderiamos seguir xa que peixes, carnes, hortalizas son obxecto de celebración.

Día da muller traballadora

Carla García, Uxía Miniño / 1ºC
--------------------------------------------------------------------------
 O Día Internacional da Muller conmemórase o oito de marzo. Nesta data, as mulleres de todos os continentes se unen para celebrar o seu día, unha tradición de noventa anos de loita a prol de igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento. A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, no mundo industrializado. No 1909, o 28 de febreiro celebrouse en todos os Estados Unidos o primeiro Día Nacional Da Muller, día que se mantivo ata 1913. No 1910 a Internacional Socialista reunida en Copenhague, proclamou o día da muller, de carácter nacional como homenaxe ao movemento en favor dos dereitos da muller e para axudar a máis de100 mulleres procedentes de máis de 17 países. No 1911 como consecuencia da decisión tomada en Copenhague o ano anterior, o día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez o 19 de marzo en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza. Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 140 mozas traballadoras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, morreron no tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de New York. Este acontecemento tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos e nas celebracións posteriores do día Internacional da Muller nas que se fixo referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre. No 1917, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para celebrar ese día. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro segundo o calendario xuliano, utilizado entón en Rusia, ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.

Exposición “Mujer innovadora en la ciencia”
 O 8 de marzo os alumnos de Cova Terreña puideron visitar unha exposición sobre mulleres científicas no salón de actos, esta actividade organizouse con motivo do día da muller. Nesta exposición puideron ver e ler uns paneis que contiñan información sobre 21 mulleres famosas no mundo das matemáticas. Como podiamos ler nun dos paneis “Son todas as que están, pero non están todas as que son”. Entre elas destacaban: Carolina Lucrecia Herschel, Mary Lucy, Gabriell Emilie de Bretemil, Charlotte Anges Scott (primeira muller que ensinou nunha universidade feminina), Gaetana Agnesi, Elena Lucrecia Carnaro Piscopia (primeira muller na historia que consegue doutorarse), Julia Bowman (primeira muller académica das ciencias en EEUU), Sophie Germain, María Goeppert Mayer (premio nóbel de física), Heduanna (primeira muller rexistrada na historia da ciencia e primeira persoa que asina os seus escritos), Mileve Maric, Ada Byron, Teano(discípula de Pitágoras), Emmy Noether…

Moitas máis mulleres merecen ser homenaxeadas.
 Ademais destas mulleres coñecidas e recoñecidas. Este día tamén o merecen todas as mulleres do mundo. Entre elas as mulleres de África que percorren miles de quilómetros para obter un pouco de auga, ou aquelas outras que loitan polos seus fillos en situacións límite. Tamén hai que lembrar as mulleres que viven en países nas que están en inferioridade de condicións, xa que non teñen en conta a súa opinión. Son os pais quen organizan un matrimonio de conveniencia para obter diñeiro ou alimentos. Sería importante que no mundo se conseguise que a muller tivese os mesmos dereitos que os homes e non pasasen sucesos como un ocorrido en Marrocos. “Unha rapaza despois de ser violada obrigárona a casar co seu violador e ela desesperada suicidouse con matarratas.” Unha mención especial a todas as nais e avoas do mundo que traballaron e loitaron para que os seus fillos puidesen vivir mellor.

27/03/2012

Semana da froita

Andrea Pais, Rubén Álvarez, Sandra Rodríguez, Manuel Fernández / 1º ESO B
-------------------------------------------------------------------------------
A semana pasada no noso colexio fíxose a Semana da froita. Esta actividade quere axudar a que os nenos coman máis froita nas merendas dos recreos e nas súas casas xa que é moi boa para o organismo, ten un baixo aporte calorífico e é nula en graxas.
Aconséllase consumir cinco pezas de froita ao día. Se se toman en forma de zume haberá que bebelo recén feito para evitar a perda de vitaminas pola acción da luz.
Cada día repartiuse gratis unha peza de froita a cada neno e se sobraba podíase repetir. Houbo mazá, pera, laranxa, plátano, melón... e batidos de diferentes froitas.
Os postos estiveron instalados no patio da entrada e os encargados do reparto foron os alumnos de PDC.

23/03/2012

O rap

Gabriel Seoane, Lukas Tank, Juan Pereira\ 1ºC
-----------------------------------------------------------------------
O rap pertence á cultura Hip hop. Consiste basicamente en recitar rimas seguindo un ritmo ou unha base musical. O recitador coñécese como MC e xeralmente a música pona un DJ(Discjockey). Hoxe en día, poderiamos dicir que case sempre é o DJ o que acompaña ao MC, e moitas veces nin aparece.
Historia
O rap nace nos barrios latinos de Nova York na década dos setenta. É habitual crer que os termos “rap” e “hip hop” son sinónimos, mais non o son. “Hip hop” refirese á cultura e o termo "rap" ó estilo musical. Afrika Bambaataa foi o primeiro en usar o termo "Hip hop" para describir o movemento que estaba ocorrendo en barriadas pobres de Nova York, isto incluía Música (Funk, Rap, Salsa, Discjocking), Baile (Hip-hop...) e Pintura (aerosol, bombing, political graffiti...). Tamén fixeron un acto benéfico contra o racismo, onde narraban os problemas de discriminación na sociedade.
Por que nos gusta?
Porque é unha forma de expresar o que sentes sen medo a malas opinións. Pola diversión de bromear cos rimas e burlarse de defectos da lei/sociedade.
MCs (Raperos/as)
Os mellores MCs a nivel nacional son: El Chojin, Nach,Abram, ZPU,Violadores del Verso, She,La excepcion, Día Sexto, Porta, Aloy, Malafama, Duo Kie... Por suposto tamén existen mulleres Mcs, as máis coñecidas son: Zaidah, Aid (de Vigo), Desplante, Urs, Shunga Wunga.
O Rap en Galicia
En Galicia nos últimos 20 anos aumentou moito a poboación afeccionada ao Rap. Entre eles destacan: Ambito Kinitoh, El puto coke, Dios ke te Crew, Aid, O Asunto, O escritor, Tres Tristes Tigres, Delahoja, A Familia,... Hai que destacar a canción de Ambito Kinitoh - Galicia Calidade: http://www.youtube.com/watch?v=rdh8aDdjmYI

21/03/2012

Que vemos en televisión?

Os programas e series máis vistas polos alumnos de primeiro de ESO son, e nesta orde: “La que se avecina”, "La hora de Jose Mota”, “Aquí no hay quien viva”, “Los simpsons”. Outros programas menos votados son: “Big bang”, “Jersey Store”, “LA Bink”, “Megaconstrucións”, “Vivo para contarlo”,” El último superviviente”…

Big bang
Jose Barra, Sabela Barra, Mara Ferreira
----------------------------------------------------------------------------------
Este programa emíteno en NEOX, sobre as 18:00 e en TNT desde as 21:00 ata as 22:15. Os personaxes principais son: Sheldon Cooper, Leonard, Howward, Rajesh e Penny. Trátase dunha serie cómica na que catro personaxes, que son moi peculiares “frikis” pasan o tempo xogando coa WII e mercando cómics. Esta serie engánchate desde o minuto un, porque disfrutas considerablemente e sempre tes a risa asegurada. O noso personaxe preferido é Sheldon porque é un maniático co seu espazo e coa comida. Un dos nosos episodios favoritos é un no que os catro personaxes constrúen un robot e loitan contra outro “friki”, pero non conseguen vencelo.

Os Simpsons
Estibaliz Vidal / 1ºC
----------------------------------------------------------------------------------
 Os Simpsons emíteno en Antena 3 e Antena Neox de luns a domingo, ás 14:00 h e 9:00. Os personaxes son: Homer Simpson (pai) , Marge Simpson (nai), Bart Simpson, Lisa Simpon e Maggie Simpson (fillos), Abraham Simpson (avó), Herbert Power (medio irmá de Homer), Jackeline Bouvier (avoa), Patty e Selma (irmás), Charles Mongomery Burns (dono da central nuclear), Waylon Smithers (axudante de Burns), Leny, Carl e Mindy (compañeiros do traballo de Homer) e outros...
Os personaxes viven nunha cidade imaxinaria chamada Springfild. Os Simpson son unha familia peculiar, non se parecen a outras familias. Lisa e Bart van á escola; Lisa é a lista e a Bart encántalle facer o gamberro. Toda a familia vese envolvida nas mil e unha aventuras. Todo o que ocorre, sempre os pilla desprevenidos. Un dos capítulos que máis me gustou foi un en que Bart descobre por accidente que de meniño foi obrigado a gravar anuncios nos que aparecía como un neno que padecía de mal alento, pero o peor foi que nunca lle deron os cartos que gañou. Todo isto lévao a abandonar a familia.
  
El hormiguero
Rubén Álvarez e Manuel Fernández / 1º ESO B
--------------------------------------------------------------------------------------
El hormiguero é o noso programa favorito de televisión. Bótano de luns a xoves en Antena3 TV. Empeza as 9:30 e acaba ás 10:30 da noite.
Este programa é moi entretenido xa que ten moitas seccións: maxia, espectáculo, concursos, ciencia, experimentos, etc. Tamén veñen famosos todos os días, o que fai que o programa sexa máis interesante.
Nós recomendámosvolo xa que é moi divertido e se o ves unha vez engánchaste e quererás velo todos os días.


La hora de Jose mota
Cristian Cabral, Martín Gómez,Alex Rouco / 1 ºC l
--------------------------------------------------------------------------------
José Sánchez Mota, coñecido como José Mota, é un humorista que formou parte do grupo Cruz y raya, En novembro de 2007 confirmouse a noticia de separación. José Mota tivo moitos programas propios, en total dez. Apareceu en seis películas, fixo once dobraxes de películas e participou en especiais de fin de ano. En 2009 comenzou en solitario o seu show “La hora de José Mota”. Moitos dos personaxes que imitou no seu show son: Al pacino, Alfredo Pérez Rubalcaba, Andrés Pajares, Angela Merkel, Antonio Molina, Bear Gryllis, Raphael, Carlos Sobera, César Millán, David Bisbal, David Bustamante, Dúo Dinámico, Duquesa de Alba, Fran de la jungla, Iker Jiménez. O programa emítese en TVE 1, todos os venres de 10:15 a 11:00. É un programa que conta con bastantes seguidores, xa que as imitacións son habitualmente moi boas, en especial as dalgúns cantantes como D. Bisbal ou D. Bustamante. Pero quizais, as seccións con máis gancho sexan as de “Tío la bara” ( un xusticiero que reparte bareazos a todos os que non actúan correctamente) e as da ánciá Blasa (muller que a pesar da súa idade conta cunha grande vitalidade)

La que se avecina
Alberto Trapero, Alberto Coello/1ºC
------------------------------------------------------------------------------
“La que se avecina” É unha serie de risa e humor que se emite de luns a venres en FDF das 15:00 a 19:30. É moi seguida por nenos de 10 a 12 anos. Os personaxes principais son: Amador Rivas, Antonio Recio, Maite e Enrique. E stes personaxes desenvolven á súa actividade nunha comunidade de veciños na que sempre teñen lugar feitos cos que podes morrer coa risa. FRASES EN MOMENTOS MÍTICOS: “merengue merengue”, “ole ole”, o momento da bombona que fai baile, “pues te confisco el felpudo”, “espartaco! Eeeespartaco!!, eespartacoo!!” ... Esta serie tivo unha antecesora chamada “Aquí no hay quien viva”. Os seus personaxes principais son: Emilio Delgado, Juan Cuesta, Paloma.. FRASES MÍTICAS DE “AQUI NO HAI QUIEN VIVA: “que follón”, ”chorizo”, ”cuesta dimisión”, ”que mona va esta chica sempre”, ”radio patio 24horas”.  

Verdade ou mentira?

Gabriel Álvarez, Abraham Soto/1ºC
 ---------------------------------------------------------
Balón rompe en mil anacos.
Durante o partido do Basilea-Dinamo de Kiev , o balón desgatouse tanto que cando o Basilea ía meter o 3-1, o esférico estourou en mil anacos. A federación acusa ao Dinamo de Kiev de amañar o partido para non quedar eliminado de Eurpa League.



Encóntrase un boleto gañador nunha habitación desordenada.
Logo de limpar o seu cuarto, un adolescente recupera o décimo esquecido. Un adolescente púxose a ordenar a súa habitación e cando estaba nisto atopou un décimo de lotería que estaba premiado. El xa non lembraba ese boleto, pero a sorte estaba do seu lado.

Lesión de Gertrudis.
O xogador Gertrudis do equipo do Corinthians lesionase durante un encontro ao caer de cú. Os expertos din que é a lesión máis rara e máis grave dos últimos 20 anos. Despois de facerlle unhas probas, o médico dixo que estará dous anos de baixa.

Unha muller denuncia ao rei Baltasar.
Isto foi en Sevilla o 6 de xaneiro, cando unha muller que estaba vendo a cabalgata de reis sufriu un golpe na cabeza por un caramelo. A denuncia quedou en nada, xa que los xuíces desestimaron as acusacións.

Tivo catro anos un coitelo na cabeza.
Sucedeu en China. O home sufría dores de cabeza, oìdo e tiña dificultades para respirar. Despois de anos soubo que o problema estaba nun coitelo que tiña cravado na cabeza.

Dous nenos de 11 e 12 anos que estaban fumando destrúen unha castelo en Eslovaquia.
 Dous nenos eslovacos son sospeitosos de queimar dun castelo gótico no Leste de Eslovaquia. Ao parecer os menores estaban fumando a escondidas botaron uns mistos encendidos nas inmediacións do castelo de Krasna Horaka.

20/03/2012

De cine

Titanic
Irene Benito e Yolanda Domínguez / 1º ESO B
----------------------------------------------------------
Esta película, basada en acontecementos reais e feita no ano 1997, vímola por primeira vez na televisión.
A versión que nos gusta é a de Leonardo Dicaprio e Kate Winslet. Gañou 11 premios Óscar e está producida por un director moi famoso, James Cameron, que tamén fixo Avatar.
Trata sobre unha moza rica e un rapaz de clase baixa que se coñecen no barco e se namoran. Viven unha historia de amor e drama debido a que a familia de Rose (a protagonista) non a deixaba estar con Jack.
O 10 de abril de 1912 o barco no que viaxan partiuse pola metade e fundiuse por causa dun iceberg.
Gústanos porque é un clásico e parécenos unha historia moi bonita aínda que tamén emociona por causa da traxedia e por iso está recomendada para maiores de 13 anos.
Dura case 3 horas pero é preciosa.
Como curiosidade, dicir que hai réplicas do Titanic e nalgúns museos consérvanse obxectos orixinais do barco que afundiu.
Na banda sonora desta película hai unha canción de Céline Dion titulada "My Heart Will Go On". A cantante fíxose moi coñecida grazas a esta película.


Kika Superbruxa e a viaxe a Mandolán
Irene de Uruburo e Soraya Fernández / 1º ESO A
---------------------------------------------------------
A película que máis nos gustou foi Kika Superbruxa e a viaxe a Mandolán.
Trata dunha nena que ten poderes máxicos. Un día enviáronlle unha mensaxe e decidiu ir a un país exótico. Cando chegou un impostor díxolle se sabía como se facía a apócema para poder subir ao trono sen saír voando.
Kika e o seu dragón decatáronse de que alí pasaba algo raro e puxéronse a investigar onde estaba o verdadeiro rei e descubriron que o falso quería roubarlles a receita da apócema.
Despois foron buscar ao verdadeiro rei, liberárono e volveu á cidade para gobernar aos seus cidadáns.
Recomendamos esta película porque é moi graciosa e entretida.

Zooloco
Marina González / 1º ESO A
----------------------------
Esta é unha película americana de risa feita no ano 2011. Gustoume porque é divertida e está ben interpretada, sobre todo cando os animais falan.
Trata sobre os animais dun zoolóxico que adoran ao seu coidador, Griffin Keyes. Cando Griffin se dá conta de que se encontra máis cómodo cos animais ca coas persoas, decide que a única maneira de conseguir una moza para compartir a súa vida é deixar o zoolóxico e buscar outro traballo. Aos animais éntralles o pánico e deciden falar para conseguir que quede alí.

16/03/2012

O CEIP de Belesar visita o Covaterreña

José Luís Vilar / 1º ESO B
---------------------------------
O pasado venres 9 de marzo os alumnos de 6º de Primaria do CEIP de Belesar viñeron ver o que vai ser o seu colexio dende o próximo curso.
Nesta xornada de acollida recibíronos, entre outros, a directora, o orientador,  o profesor de Ciencias Sociais e un alumno de cada curso da ESO.
Algúns rapaces de 1º fixeron unha obra de teatro que mostraba como era a súa vida cotiá no colexio e como resolvían os seus problemas.
Outros nenos, tamén de 1º da ESO, explicaron o funcionamento da Aula Virtual de Matemáticas. Nesa páxina fanse actividades, repaso para os exames, consulta de dúbidas, preguntas á profesora...
Outro rapaz explicou en que consistía o Proxecto Interdisciplinar. Nesta materia, que só hai en 1º da ESO, redactan noticias coma esta que agora estás lendo.
Un rapaz de 4º explicoulles en que consistía o Servizo de Mediación e os pasos que se dan se dous nenos se atopan nunha situación pouco agradable. Se sodes do colexio e necesitades desta axuda, podedes enviar un e-mail a mediacioncovaterrena@gmail.com

11/03/2012

Test: Cal é a túa cor favorita?

Carla Cividanes, Paula Marcote e Laura Ruíz / 1ºESO B
-------------------------------------------------------------------------

Non sabes cal é a túa cor favorita? 
Responde a este cuestionario e descubriralo.


 1.- Cal destas cores preferirías levar toda a túa vida?
A) Branco e negro
B) Laranxa e vermello
C) Pistacho e verde

2.-Que prefires?
A) A praia
B) A cidade
C) A montaña

3.-Gústanche máis as cores...
A) Frías (azuis e morados)
B) Cálidas (vermellos e amarelos)
C) Ambas as dúas.

4.-Es…
A) Louc@ e extravertid@
B) Solitari@
C)Tímid@ e simpátic@

5.-Cando pensas nos teus amigos, de que cor os vestirías?
A) Azul
B) Vermello
C) Verde 

6.-Preferirías disfrazarte de…
A) Deportista
B) Animal
C) Ser fantástico

7.-De que cor pintarías o cuarto dos teus soños?
A) Turquesa
B) Laranxa
C) Lima


*Se a maioría das túas respostas son A é porque as cores que máis che gustan son as frías como o azul, o branco e o negro.

*Se a maioría das túas respostas son B, as túas cores favoritas son as cálidas e alegres como o vermello, o amarelo e o laranxa.

*Se a maioría das túas respostas son C, todas as cores che gustan pero a preferida por ti é o verde.