26/11/2011

Unha mañá de fotos e letras

Os rapaces de 1º ESO visitan a Casa das Palabras

Laura Hermida, Irene Barra e Brais García / 1º ESO A
------------------------------------------------------

O pasado 4 de novembro 42 alumnos e alumnas do CPI Cova Terreña visitaron o Museo Verbum de Vigo acompañados polas profesoras de Lingua Galega e Apoio.

A xornada contou cun percorrido por diferentes cubos con xogos interactivos que lles axudaron a  entender mellor a comunicación non verbal. 
Tamén participaron nun obradoiro de Stop Motion. Eles mesmos fixeron dúas curtametraxes con fotos feitas a bonecos de papel  que fotografaron despois de ilos movendo pouquiño a pouco e que o ordenador converteu despois en película. Os filmes foron titulados como "A cidade acuática" e "Un partido perfecto".
Os participantes aseguran ter disfrutado con esta saída e recomendan a visita ao museo xa que  as actividades que oferta adáptanse a calquera idade.

3 comentários:

  1. Profes! Volverémos ir algún sitio de excursión? Xa que traballamos moito...

    ResponderEliminar
  2. Podemos ir a un parque de atraciones jajaja

    ResponderEliminar
  3. Proooooooooofe!! A ver cando volvemos a ir a un sitio asi ou a outra excursión, co ben que nos lo pasamos

    ResponderEliminar