15/12/2011

Cabalos salvaxes nos montes do Val Miñor

Marcos González Rodríguez / 1º ESO A
--------------------------------------
En Galicia hai bastantes cabalos salvaxes. Soen estar nos montes, cerca das vilas e aldeas. Na zona de Baiona abundan en Mougás, Oia, Torroña, A Groba e Pinzas.
É moi difícil saber o número exacto de cabalos salvaxes que hai nos arredores porque cada ano nacen máis e máis, pero crese que haberá uns 1.500 na comarca. Aliméntanse de herba, toxos, e outros vexetais que nacen nos montes nos que viven. Deste xeito limpan os montes e son beneficiosos para previr os incendios forestais.

Algunhas persoas cómpranos para domesticalos e limpar fincas ou dómanos para montar. Tamén os venden para matalos e comelos.
Todos os anos realízase a rapa das bestas para cortarlles as crinas e o rabo, desparasitalos e marcalos cuns ferros quentes que teñen unhas formas determinadas para identificar o seu dono. Algúns debuxos destes ferros están baseados en petroglifos que hai nos penedos destes montes.
Os curros máis famosos son o de Mougás e o de Torroña e celébranse cada ano no mes de xuño.
A Xunta de Galicia quere que todos os cabalos salvaxes leven un microchip. Este serve para poder identificar ao dono se algún cabalo ten un accidente con algún vehículo. Os donos dos cabalos salvaxes no queren pórllelos porque son demasiado caros e algúns teñen tantas bestas que non poden permitir este gasto. No mes de outubro fixeron unha protesta á que asistiron máis de 600 persoas, 300 delas dacabalo das súas "burras", que é como eles lles chaman.

4 comentários:

  1. Gustoume moito o teu artigo;)

    ResponderEliminar
  2. Maria . V . G21/12/11, 18:16

    Esta MOi Ben Feito Gustoume Moito Porque Ten Moita Informacion Sobre Os Cabalos

    ResponderEliminar
  3. esta moi ben,oxala poidera saber tanto de cabalos coma ti.

    ResponderEliminar
  4. Si esta moi ben,jajaja pero non solo vamos montados nas burras,tamen falamos de cabalos (burros) xa que non adoitan ser de razas puras senon que son mestizos (cruces de diferentes razas)xa que adoitan ser os mais resistentes e os mellores pra andar polo monte.

    ResponderEliminar