19/12/2011

Que fan os alumnos de 1º da ESO no tempo de lecer?

Un día de pesca ao completo.
Alejandro Rouco / 1º C
-------------------------------------
Álex, un alumno de 1º C, é un gran afeccionado á pesca de río e de mar.
O día 14 de agosto de 2011, foi co seu cuñado pescar ao río Sil. Pescou con culleriña, rapalas e mosca para coller troitas e peixes (parecido á troita, pero menos preciado pola súa carne)
Non obstante, Alex é un gran afeccionado á pesca no mar, de feito vivir en Baiona axuda a súa paixón. Nesta vila o seu lugar favorito é o porto, xa que é fácil coller algunha peza. Aquí é frecuente pescar robaliza, cabala, pinto, faneca, choco, luras ou calamares e congro. Utiliza cana e os cebos máis habituais son bicho coreano e sardiña.
Tamén ten experiencia na costa, pero esta é moito máis difícil e deixámola para profesionais.

Un día de fútbol na vida de Duarte.
Duarte Nuno Marques / 1º C
-------------------------------------------
Duarte, todos os mércores, vai adestrar para conseguir ser un bo xogador de fútbol. Cando chega e como quecemento xogan por libre sen o adestrador, despois de chegar este segue o seu quecemento, pero con xogos vixiados. Despois disto pasan a facer controis de balóns, se a cousa vai ben incluso poden disputar uns pequenos partidos, de feito teñen tres equipos. O equipo que gana é o que antes consiga meter un gol, senón se mete ningún gol e despois dun tempo sae o equipo que menos tempo xogou. Despois, xa canso, toma unha boa ducha e volta para casa.

Cristian Cabral /1º C fálanos da súa afección, “A loita libre”.
--------------------------------------------------------------
Ola, chamóme Cristian Cabral e son luchador de loita libre e Greco Romana. Vouvos dicir de que se trata, un pouquiño, a miña loita. É unha das formas máis elementais de combate entre individuos e remóntase á prehistoria. É un deporte dos máis completos. Permite o desenvolvemento de todos os músculos do corpo, e ademais, require traballo cerebral para executar movementos, paradas… É un deporte que nos obriga a despregar unha grande forza muscular, pero coa particularidade con respecto a outros deportes de non descompensar a morfoloxía dos deportista. A loita esta incluída nos Xogos Olímpicos desde os tempos máis remotos.

Karting: a paixón de José Luis Vilar / 1º B
-------------------------------------------------
Empezou a interesarse polo karting despois dunhas vacacións á Warner Bros Park. Cando voltaba parou no circuíto de Carlos Sainz e como lle gustou a experiencia alugou un kart no circuíto de Porriño. Estivo uns días indo, cada día facíao mellor, e ao final comprou un. O seu xa acada unha velocidade de 120km/h (ten 85 cc).
Despois dun tempo empezou a competir en serio e na primeira carreira na que participou tivo un accidente grave. Unha vez recuperado seguiu participando en moitas máis carreiras nos anos 2009 e 2010 e converteuse nun piloto gañador ao que coñecen en España, Portugal e Andorra.
Actualmente forma parte do único equipo de karting que hai en Galicia.

"Pasámolo moi ben facendo atletismo"
Uxía Penedo e Andrea Pais / 1º B
-----------------------------------------------
Ó principio comezaron a praticar atletismo Uxía, a súa irmá Carla e o seu curmán Pedro. Ó ano seguinte apuntouse unha compañeira de clase chamada Andrea.
Practican este deporte dende hai un ano e medio. Os martes, mércores e venres adestran en Gondomar e os xoves nas pistas de Balaídos (Vigo).
Comezan o adestramento trotando un pouco pola pista, logo saltan obstáculos e fan abdominais e, por último, estiran.
O seu adestrador chámase Pablo; é marroquí pero fala perfectamente  español. Ten un título de adestrador de Europa, é moi bo cos nenos e corre moi rápido .
A maioría das fins de semana participan en carreiras. Por exemplo, esta fin de semana van ir a unha carreira solidaria no colexio de Bembrive e o domingo teñen outra carreira en Cangas.
Gústalles moito esta afección e pásano moi ben mentres fan deporte.

4 comentários:

  1. jose luis vilar gallego 1b nº 2101/02/12, 18:53

    está moi ben que cada neno faga mínimo un deporte para estar en forma, cada neno ten a súa aficcion, a miña neste caso son os coches pero cada neno ten a sús e está moi ben que a espoña nun traballo e a conte para que outros nenos a sepan, hai algunhas verdadeiramente moi interesantes, pero cada un fai a o as que lle gustan e ante todo hai que respetalas todas, todas son deportes e neste caso moi interesantes.

    ResponderEliminar
  2. Manuel 1ºB02/02/12, 15:44

    Tes razon Jose hai que facer deporte que aparte de que é moi bo para a salud e divertido

    ResponderEliminar
  3. Ruben Alvarez 1ºB02/02/12, 16:06

    Amin non e que me guste todos os deportes pero hai alguns como o futbol,balonmán,beisbol... Que gústanme moito. Amín como gusto que teño gústanme moito os deporter de equipo o que mais o futbol, por que ademais de facer deporte aprendes a xogar en equipo e pasalo moi ben cos teus compañeiros.

    ResponderEliminar
  4. Uxía Penedo 1ºb09/02/12, 18:26

    O atletismo é un deporte moi duro ao igual que outros moitísimos deportes que existen no mundo, pero o mais importante nunca rendirnos eso di o noso adestrador Pablo é pasalo ben cos teus compañeiros mentres que fas deporte, tamen coñeces moitasísima xente e lugares .A 1ª vez que fixen unha carreira non coñocia a ninguen pero fomonos coñecendenos e nos levamonos todas moi ben ainda que na realidade somos revais, pero iso é o bonito deste deporte .
    Encantame practicalo e espero aprobeitar esta oportunidade.
    Se queredes apuntaros ao clube:
    NOME:sociedade atletica val miñor.
    DIRECCION:urbanizacion miñor 52.
    PLOBOACION:gondomar
    Espero que alguen estea interesado por que cantos mais mellor.

    ResponderEliminar