15/01/2012

Mila Mougán : "De pequena xa xogaba a ser mestra"

Ismael Cabral , Noelia Cedeira e Santiago Bernárdez / 1º ESO A
-----------------------------------------------------------------------
A profesora Mila Mougán xubilouse o pasado mes de decembro despois de 37 anos ensinando a nenos e nenas de diferentes localidades e idades. Dinos que, aínda que lle sigue gustando moito o seu traballo, se xubila porque xa se cansa con facilidade e quere pasar máis tempo coa súa familia.
Traballou en Ourense, Santa Uxía de Ribeira, Málaga, O Grove, Nigrán... e durante os últimos vinte e cinco anos estivo traballando neste centro, o CPI Covaterreña.
Deu clase a nenos de Primaria  e Educación Especial. Os cursos cos que máis lle gustaba traballar  foron 2º, 3º e 4º porque a esa idade os nenos son moi afectivos,  aprenden rápido, convéncense facilmente e ela pásao ben axudándolles .
Ela comentounos  as diferenzas que hai entre os nenos de antes e os de agora: os de antes eran máis tranquilos e atendían máis mentres que os de agora son máis inquedos. Tamén nos dixo que o centro cambiou moito nestes vinte e cinco anos. Antes, por exemplo, había menos material e menos estudantes. Agora hai aula de informática, xardíns, pavillón e unha morea de libros.
Quixemos saber con que actividades encherá o seu tempo libre e díxonos que lle gusta moito facer deporte (practica natación e bici),  axudará aos seus fillos e, cando os teña, coidará dos seus netos. Tamén ten unha viaxe programada para as próximas datas.
Desexámoslle que nesta nova etapa o pase moi ben.

1 comentário:

  1. son Jorge de 1ºA gustoume a entrevista,sobre todo porque era a profesora do meu irman,el botalle moito de menos por iso lle enseñei esta enttrevista,gustoulle moito.Un saudo jorge.

    ResponderEliminar