06/02/2014

Sen el ou ela o mundo sería distinto

Miriam Rouco/1ºC
--------------------------------------------------------

Pensade un momento, neste mundo hai cousas das que non podemos prescindir e unha desas é básica, de feito todas as grandes cidades a necesitan para o consumo; todo o que coñecemos está relacionado con ela. É si!, é a electricidade. Sen ela todos os aparellos eléctricos e electrónicos non funcionarían.


Neste caso a electricidade non a creou ninguén, existe dende que existe a terra, un dos descubridores foi Tales de Mileto, un filósofo grego que intuíu a existencia deste tipo de enerxía, tamén podemos nomear a Stephen Gray, físico inglés que estudou a condutibilidade dos corpos e foi o primeiro en transmitir electricidade a través dun condutor en 1729.
Benxamin Franklin investigou os fenómenos eléctricos e inventou o pararraios. Pero un dos maiores descubridores de todos os tempos foi Tomas Edison, el creou a bombilla e asociou os seus inventos coa electricidade, marcando un antes e un despois na sociedade moderna.


Carla Penedo/1º C
--------------------------------------------------------------

Para min Levi Strauss e Jacob Davis son dúas das personas máis  destacadas na historia da vestimenta porque son os que inventaron os pantalóns vaqueiros, tamén coñecidos como “jeans”. Foron patentados no ano 1873 por os estadounidenses  Levi Strauss  e Jacob Davis . O primeiro era un comerciante de San Francisco que se propuxo facer roupa de traballo para os mineiros a partir da lona das tendas de campaña, mentres que o segundo, xastre de profesión,  dedicábase a remendar tecidos rotos.
Foi Jacob Davis  o que un día, consciente da   tensión que soportaban algunhas zonas dos pantalóns como os petos e as braguetas, decidiu reforzalas con remaches de cobre. Como non tiña diñeiro,  asociouse con Levi Strauss, e ambos conseguiron  patente  dun dos produtos que máis satisfaccións deron ao mundo da  moda.  
                                   

1 comentário:

  1. Noraboa polos artigos! Seguide así!
    Un abrazo. Merce.

    ResponderEliminar